HOMENAXE PÓSTUMA A MIGUEL ÁNGEL SOBRINO BLANCO
O vindeiro sábado día 7 de maio pola tarde
Infogauda / A Guarda
Despois do seu falecemento en Honduras en datas pasadas, e trala chegada a nosa localidade das súas cinzas; levaránse a cabo diversos actos en homenaxe a Miguel Ángel Sobrino Blanco - mais coñecido popularmente como Miguel Blanco -, organizados por familiares, amigos/as e compañeiros/as.
A devandita homenaxe vai ter lugar o vindeiro sábado día 7 de maio, ás 17:00 horas na igrexa parroquial de A Guarda, onde será oficiada unha misa funeral.
Nesa mesma data, a partir das 17:45-18:00 horas, no cemiterio de A Guarda, terá lugar un acto civil, nos que intervirán distintas persoas que transmitirán o seu pensamento e sentimento sobre Miguel Blanco na súa participación en distintas facetas da súa vida social, educativa e persoal.
Súas cinzas serán depositadas na campa familiar de seus avós maternos por expreso desexo do falecido.
Para calquera información complementaria, podedes comunicarvos con Eloi Gómez Mariño “Cuco” no teléfono: 659 939 574
Ningún comentario:
Publicar un comentario