A VILA DO TREGA ACOLLEU O XXI TORNEO DE XADREZ CONCELLO DE A GUARDA
Celebrado nas instalacións do Colexio PP. Somascos
Informa: Miguel Reboredo Otero*
O pasado sábado día 28 de maio, o Club de Xadrez Albatros desenvolveu o XXI Torneo de Xadrez Concello de A Guarda. A devandita actividade tivo lugar nas instalacións do Colexio PP. Somascos, que cederon desinteresadamente, facilitándonos todas as cousas que poideramos necesitar. Nelas montáronse corenta mesas para pór douscentos taboleiros de xadrez, cumprindo a cota máxima de xogadores que establece o Circuíto Galego de Promoción promovido pola Federación Galega de Xadrez.
O torneo iniciouse ás once da mañá, tendo un pequeno parón de dúas horas para o almorzo, e así comezar á tarde e realizalas catro roldas que quedaban.
Nun recinto moi axeitado e amplo, o XXI Torneo de Xadrez reuniu a 200 xogadores de todas as idades e niveis, de catro provincias galegas e parte de Portugal, e un ano máis supuxo a festa do xadrez na vila de A Guarda.
Non vamos a estender esta crónica nin falar de clasificacións por mor de non aburrir ós nosos lectores, ainda que quero salientar que entregaron os premios é agasallos a concelleira Mª Montserrat Magallanes Álvarez, por delegación do alcalde de A Guarda; e Roberto José Álvarez Carrero, mestre no colexio, por imposibilidade de asistir a directora do centro.
Tamén salientamos que grazas ó Club de Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía, que nos puxo a disposición da organización un autobús para facer unha visita guiada ó Monte Santa Trega, e así os pais e nais que non xogaban, poideran coñecer ese privilexiado enclave, un dos lugares máis visitados de Galicia.
Como levamos facendo este torneo vinte e un anos, e neste lugar tres, penso que unha galería de fotos mostran a plenitude do mesmo sen dúbida algunha, e así facer realidade o dito de "Unha imaxe vale máis que mil palabras!"
* Presidente do Club de Xadrez Albatros
Ningún comentario:
Publicar un comentario