8M na Guarda
Lectura dun manifesto e teatro para conmemorar o Día Internacional da Muller
Foron as primeiras actividades de “Semente de Igualdade”, cuxa programación continúa
O Concello de A Guarda programou diversas actividades para conmemorar o 8M baixo o título xenérico “Semente de Igualdade”, unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.
Tecla Baz, nun momnto da súa intervención, en presenza da concelleira Fátima Rodríguez, e do alcalde Antonio Lomba
As actividades
arrancaron na xornada deste martes día 8 de marzo ás 12:30h no salón de actos
do Centro Cultural, onde tivo lugar a lectura dun manifesto por parte da concelleira Fátima Rodríguez Marcos, seguido dunhas verbas sobre a historia do 8M a
cargo da alumna Tecla Baz e un emotivo discurso pronunciado polo alcalde de A Guarda,
Antonio Lomba, onde se puxo en valor o papel da muller para cambiar o mundo.
Para continuar estes actos tivo lugar a representación teatral “Subterránea” da actriz Mónica Sueiro.
“Subterránea” é unha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas da pintura que foron silenciadas ao longo da historia. Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época, tras sortear moitos obstáculos para destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no obstracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas. Levan demasiado tempo habitando en territorio invisible.
Subterránea é
unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non
renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz.
Alumnado dos centros educativos e membros da corporación municipal, asistiron aos actos que tiveron lugar no centro Cultural
Ao acto acudiron alumnos dos centro educativos da vila así coma membros da corporación municipal.
Unha pancarta conmemorativa e a fachada principal da Casa do Concello de A Guarda iluminada de cor morada, para visibilizar a celebración do Día Internacional da Muller
Asemade, a fachada principal da Casa do Concello está xa iluminada de cor morada e colocouse unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.
"Mulleres Galegas. Donas de seu"
Coa intención de darlle continuidade á colaboración que se iniciou o ano pasado co Centro CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra, o xoves día 10 de marzo no IES A Sangriña, terá lugar a actividade que leva por título "Mulleres Galegas. Donas de seu" dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato do IES A Sangriña.
"Arte para todas e con todas"
Este ano 2022, o alumnado do ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística, coordinados pola súa profesora Tina Otero, queren compartir co alumnado de 2º de Bacharelato da especialidade de Arte e Humanidades do IES A Sangriña, a actividade que leva por título "Arte para todas e con todas". Esta actividade consiste en convidar ao alumnado a viaxar por museos de todo o mundo da man de obras de arte (escultura e pintura) cunha narrativa feminina.
Proxección do filme María Solinha coa presenza do director Ignacio Vilar
Para a xornada do venres día 11 de marzo ás 20:00h, no Centro Cultural da vila, está prevista a proxección do filme María Solinha coa presenza do director Ignacio Vilar. O filme é unha reconstrución da historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista sofre, no século XXI, os ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. A película fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente. Reserva de entradas de balde en https://www.eventbrite.es/e/entradas-cinema-maria-solinha-277554913217
Representación teatral da obra "Tabú"
Continuando coas actividades propostas este ano o venres día 18 de marzo ás 20:30 h, o Centro Cultural da Guarda acollerá a representación teatral da obra "Tabú", da Compañía Tarabela Creativa.
"Tabú" é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Val Miñor, O Morrazo, O Courel, A Mariña Lucense, a Costa da Morte e O Couto Mixto, sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
Actividades no mes de abril
As actividades estenderanse ao mes de abril. Deste xeito o sábado 2 de abril ás 17:00h, terá lugar polas rúas da Guarda a habitación de escape de Igualdade, dirixido a público familiar.
Intervencións de Amelia Tiganus
O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP do IES A Sangriña. E o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro “La revuelta de las Putas”.
Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista, nada o 11 de marzo de 1984 en Galati (Rumanía). Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Publicou varios artigos, un cómic titulado “Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar “La revuelta de las Putas” e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.
Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención en Salvados – Las invisibles, un programa de máxima audiencia da Sexta, onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “Hora 25”, entre moitas outras intervencións públicas.
Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».
Ten varios recoñecementos, entre eles, o do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".
Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas
As actividades programadas están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario