FÚTBOL
Segunda Galicia Vigo - Grupo B
A U.D. RIBERA RECIBIRÁ A S. D. SALVATERRA
Este domingo día 6 de febreiro, ás 16:30 h., no Campo Municipal da Mata (O Rosal)
Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal
Na xornada 13, da Segunda Galicia Vigo - Grupo B, o equipo U. D. Ribera, de O Rosal, medirase fronte a S. D. Salvaterra. O encontro disputarase este domingo día 6 de febreiro, ás 16:30 horas, no Campo Municipal da Mata.
Será un encontro de poder a poder, xa que o conxunto visitante ocupa a 2ª posición da táboa clasificatoria, con 20 puntos no seu haber, ainda que con 10 encontros xogados. Pola súa banda o equipo da U.D. Ribera, está situado na 3ª posición da devandita táboa, con 17 puntos, e leva disputado un encontro menos.
Dese xeito prevemos un emocionante partido, no que ademáis do xogo de cada equipo, nas gradas haberá probablemente unha notoria presenza de seareiros de Salvaterra de Miño e do Rosal.
Será un encontro no que ambos equipos van a dalo todo polo todo. Por esa razón, cada unha das escuadras vai necesitar sentir de preto o apoio dos seus afeccionados para tentar gañar este encontro de máxima rivalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario