"Música e palabras", de novo na Casa de Montes de Camposancos
Unha proposta cultural onde a poesía, o relato, e mesmo a historia, son os protagonistas
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
Despois de case dous anos, na noitiña de onte venres, día 4 de febreiro, na Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, retomamos a nosa actividade cultural. Ésta é sen dúbida, por excepcional, a que máis agarimo lle temos, de todas as que organizamos.
Nun afastado e ao mesmo tempo, singular recuncho de Galicia, ao que hai que vir á propósito, reunímonos para recitar poesía, ler unha historia, narrar un conto,... Cada quen dos asistentes que o desexe sube o escenario, sempre acompañados polos acordes musicais que Bieito Solo, como pompas de auga vai soltando.
Ao final acabamos cun viño. Para o primeiro venres de marzo máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario