28 de feb. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda tínguense de verde para conmemorar o Día das Enfermidades Raras  


A Guarda súmase hoxe ás conmemoracións do Día Mundial Enfermidades raras iluminando a fachada da Casa do Concello en cor verde
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A Guarda súmase hoxe ás conmemoracións do Día Mundial Enfermidades raras iluminando a fachada da Casa do Concello en cor verde. Deste xeito a institución municipal colabora no labor de visibilizar e difundir esas doenzas.  

 O Día Mundial das Enfermidades Raras conmemórase cada 28 de febreiro para poñer de manifesto e reivindicar unha maior concienciación social sobre estas patoloxías. 

 As enfermidades raras son todo un reto para máis de 3 millóns de pacientes, familias e coidadores en España. Enfróntanse ao diagnóstico, así como ao acceso aos tratamentos e ás rutinas da vida cotiá. 

 Unha enfermidade rara é a que afecta a menos de 5 persoas por cada 10.000 habitantes, pero se calcula que en España pode haber de 2,5 a 3 millóns de afectados. O azar ou un proxenitor portador dunha mutación xenética pode facer que a teñamos ou non. 

 Son moitas as persoas que conviven con elas (máis de 300 millóns no mundo, 3 deles en España), xa que se estima que existen máis de 7.000 enfermidades raras, das cales se identificaron 6.172. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario