28 de feb. de 2022

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA ESIXE QUE O GOBERNO MUNICIPAL DO PSOE CUMPLA OS ACORDOS PLENARIOS


Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega, no concello de A Guarda

Foto: C.G.

Infogauda / A Guarda

 Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega, no concello de A Guarda, vén de enviar á redacción deste xornal dixital transfronteiriza, o seguinte comunicado:

UNHA VEZ MÁIS,…E CANTAS VAN...?  

O EQUIPO DO GOBERNO APOIA MOCIÓNS DA OPOSICIÓN E LOGO AS ESQUECE  

 Aprobada por UNANIMIDADE, na sesión plenaria ordinaria do 29.05.2020, a proposta de CONVERXENCIA GALEGA, foi debatida e aprobada por tódolos concelleiros/as presentes, no PUNTO 8º co Expediente 293/2020 a MOCIÓN que na parte expositora sinala: PARA QUE AS PERSOAS CON TRANSTORNO DO ESPECTRO AUTISTA OU SIMILARES POIDAN DESFRUTAR DUNHAS FESTAS SEN RUÍDOS.  

 Facemos referencia as persoas con Transtorno do Espectro Autista (TEA) ou similares como: Trastorno Xeneralizado de Desenrrolo (TXR), Trastorno Específico do Linguaxe (TEL), Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), Trastorno do Procedemento Sensorial (TPS), etc., e súas familias sufren discriminación.  

 O longo do texto expositivo no que se respalda ca aplicación da DIRECTIVA EUROPEA 2013/29/UE que garante un alto nivel de protección para a saúde e a seguridade das persoas se chega o acordo da seguinte RESOLUCIÓN:  

 O Concello regulará e fixará unha franxa horaria de DÚAS HORAS diarias como mínimo durante as festas populares que se celebren na localidade, sendo recomendanales de 19 a 21 horas sen ruidos e sen luces de grandes destellos ou de moita luminosidade, e dese xeito permitir o uso e disfrute das xornadas festivas a familiares e persoas que sufren este tipo de trastornos e problemática as que facemos referencia así como doutros máis que están aparecendo no eido da saúde.  

 Nestes días de ENTROIDO, o acordo plenario, (como outros muis máis) foi totalmente esquecido polo Grupo Municipal do PSOE, donde toda a súa programación se fai das 7,30 en adiante, iso dende o SÁBADO a MARTES, donde as persoas que sufren esta enfermedade non poden acudir e polo tanto seUs familiares, pero ademAis, o “Campo de Fínola” parece unha “grileira”, cada atracción alí instalada ten unha música diferente e cada cal a todo o volume, polo que o “barullo” se fai máis forte cada vez a ver quen ten máis e mellor potencia de ruido.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, respaldamos os familiares que nos deron as queixas e a todos os demais, e ESIXIMOS o Goberno Municipal do PSOE, que cumplan os acordos plenarios, fundametalmente aqueles que nos afectan máis directamente e precisan de máis sensibilidade.    

 A Guarda, a 28 de Febreiro do 2022      

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario