21 de feb. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda saca a licitación da cafetería da Estación Marítima  

O canon mínimo, que pode ser mellorado a alza é de 4.141,87 euros/anuais, e a duración do contrato é ata o 9 de xuño de 2029


Mosaico de imaxes da Estación Marítima de A Pasaxe (Camposancos), ubicada na praza IIª República
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de publicar a licitación do contrato administrativo especial de cafetería-restaurante na Estación Marítima da Pasaxe.  

 O prazo para presentar proposicións remata o vindeiro día 11 de marzo de 2022.  

 O canon mínimo, que pode ser mellorado a alza é de 4.141,87 euros/anuais e a duración do contrato é ata o 9 de xuño de 2029, data na que expira o convenio con Portos de Galicia.  

 Os pregos de prescricións administrativas e técnicas están a disposición de todos os interesados no Perfil do Contratante do Concello de A Guarda que se atopa aloxado na Plataforma de Contratación do Estado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario