26 de xan. de 2022

TOMIÑO

Tomiño aposta pola enerxía limpa e sostible  

Instaláronse placas solares na Casa do Concello, na Galiña Azul e no Auditorio de Goián e durante os vindeiros meses tamén se colocarán no Mercado, na Casa da Cultura e no edificio da OMIX  


A Casa do Concello xa conta coa instalación de placas solares
Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Tomiño continúa coa súa aposta polas enerxías limpas e sostibles coa instalación de placas solares nos edificios municipais. A Casa do Concello, a Galiña Azul e o Auditorio de Goián xa contan coa instalación e nos vindeiros meses chegarán ao Mercado Municipal, á Casa da Cultura e ao edificio da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). O concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, explica que “instalamos estas placas solares coa intención de reducir os custos da enerxía para o Concello e tamén para reducir ao máximo posible a nosa pegada ecolóxica”.   

 O edil explica que a instalación destas placas solares conta cun orzamento de 30.000 euros e que están financiadas nun 80 % polo IDAE e INEGA.  Ademais afirma que xa se solicitou unha nova subvención para poder instalar máis nos colexios do concello. “Queremos chegar a todos os edificios públicos para facer de Tomiño unha vila cunha enerxía eficiente e sostible”, conclúe o concelleiro.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario