15 de xan. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda ilumínase de cor verde polo Día de Perthes 

En solidariedade coas persoas afectadas por esa doenza


Vista da Casa do Concello de A Guarda alumeada de cor verde
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda únese ás reivindicacións das familias con membros afectados pola enfermidade de Perthes, para visibilizar esta doenza que afecta a moitos nenos e nenas, provocando deformidades de xeito permanente e problemas de cadeira.  

 A enfermidade de Perthes, tamén chamada Legg-Calvé-Perthes, afecta á cadeira dos nenos e nenas, producindo unha destrución de parte do oso da cabeza do fémur ou a "bola" da cadeira. O organismo pode rexenerar completamente este oso ou facelo só de forma parcial e provocar unha deformidade permanente. 

 O 17 de xaneiro de 1869 nacía en Alemaña George Perthes, o primeiro paciente ao que se lle detectou oficialmente esta doenza, elixindo esta data para conmemorar o Día de Perthes.  

 O obxectivo de moitos colectivos vinculados a esta enfermidade é o de dar a coñecela e chegar ás familias con nenas e nenos que a padecen, así coma aos adultos que sofren as súas secuelas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario