Os Socialistas de Oia acadan un investimento de 1.500.000 € para o Concello por medio do Goberno de Pedro Sánchez
· Entre outras actuacións, será construído un camping en Mougás
Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Oia
Os socialistas de Oia, por medio do Goberno de Pedro Sánchez, acadan un investimento de 1.500.000 € para o Concello.
O investimento realizarase en varios eixos programáticos en 2 anualidades 2022 e 2023:
1) Transición verde e sostible cun importe de 526.923€
2) Actuacións de eficiencia enerxética cun importe de 302.000€
3) Transición dixital implica un importe de 177.200€
4) Cun importe de 450.797€, o investimento corresponde ao Plan Nacional Xacobeo 2021 e o Concello percibirá esa cuantía para construír un camping en Mougás e promover Oia como destino turístico lento e familiar.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario