13 de dec. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX  SIERPES PEREIRA,  DE A GUARDA, FULMINOU A MELLOR MARCA GALEGA E A MELLOR MARCA ESPAÑOLA DE TODOS OS TEMPOS  

· Nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), de Pontevedra, na proba dos 3.000 metros lisos ao aire libre


Álex Sierpes Pereira, destacado atleta de A Guarda

Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), de Pontevedra, o atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, fulminou este pasado domingo, unha das marcas máis lonxevas de todos os tempos do atletismo galego, na disciplina de fondo na proba dos 3.000 metros lisos ao aire libre. E á vez facendo tamén a mellor marca española de todos os tempos, poñéndose á fronte das clasificacións autonómica e nacional, o número 1 dunha soa tirada na categoría infantil (Sub14). 


A esq. da imaxe, Álex Sierpes Pereira nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), de Pontevedra

 As pistas pontevedresas, foron o escenario onde acolleu o triangular organizado polos clubs O Pino, A Silva e Ames Atletismo, onde Álex unha vez máis foi á cúspide na proba disputada dos 3.000 metros, realizando unha fantástica gran marca de 9´10" 7. Dese xeito logrou superar o anterior récord autonómico que permanecía en mans do atleta José Calvar Parada, desde o ano 1989, considerada cun gran valor atlético, na categoría sub14, xa que choveu bastante desde esa era. 

 Sierpes, non se conformaría so co autonómico porque tamén levou por diante a mellor marca española de sempre na proba, estando antes en posesión do atleta Bruk José Burgueño, desde o 19 de decembro de 2015. 

 O noso formidable atleta do Baixo Miño, supérase cada semana con triunfos e mellores rexistros, dándonos alegría tras alegría, demostrando e aproveitando o seu gran momento de forma estes últimos meses, facendo crecer a súa biografía atlética de 2021.  

 Moitas felicidades Álex e a seguir sumando, traendo novos éxitos para o Baixo Miño. Vaias onde vaias vestindo as cores da Sociede Atlélica do Trega, de Tomiño, deixándoo no máis alto do  pódium sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario