20 de nov. de 2021

TURISMO

A Xunta de Galicia exemplifica no Museo do Corpus a necesidade de avanzar na dixitalización da oferta turística galega  

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do Museo do Corpus a Ceo Aberto de Ponteareas, o primeiro destas características co que conta o noso territorio e que permitirá coñecer esta Festa de Interese Turístico Internacional durante todo o ano

Infogauda / Ponteareas 

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na inauguración oficial do Museo do Corpus a Ceo Aberto. A iniciativa, que consiste en códigos QR repartidos polas rúas da vila, permitirá que veciñanza e visitantes poidan coñecer a través do móbil como locen as alfombras florais coas que se decora Ponteareas durante a Festa do Corpus Christi, declarada Festa de Interese Turístico Internacional desde 2009.

 A directora de Turismo de Galicia destacou a relevancia de apostar pola dixitalización dos recursos e da oferta turística coa que conta Galicia, unha necesidade que se incrementou como consecuencia da pandemia, e que permite seguir avanzando na desestacionalización da oferta turística permitindo achegarse á celebración durante todo o ano.

 Nava Castro aproveitou para poñer en valor a elaboración das alfombras florais e destacou que o Corpus dixitalízase “pero esta celebración é sobre todo, sentimento, e por iso é unha satisfacción para ver como Ponteareas tense consolidado como un referente a nivel internacional na elaboración destas alfombras florais que tanta fama teñen e que tamén están presentes na celebración deste Ano Santo en que se volverán ver alfombras florais por todo o mundo conmemorando este Xacobeo 21-22”, concluíu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario