A Seguridade Social solicitará por SMS o enderezo electrónico á veciñanza de Pontevedra como nova forma de contacto
A Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) enviará 250 SMS diarias desde o próximo luns
· Desde a Subdelegación do Goberno advirten que se trata dun SMS verificado e non un fraude
Infogauda / Pontevedra
A Subdelegación do Goberno de Pontevedra, vén de facer público que "a Seguridade Social enviará desde o próximo luns un SMS a todos os pontevedreses e as pontevedresas dos que aínda non conste información, co obxectivo de solicitar os seus datos de enderezo electrónico a través do novo portal electrónico, Import@ss. O obxectivo da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) é habilitar unha ferramenta para consultar información e realizar ata 40 trámites a través dun computador ou dispositivo móbil, deixando progresivamente ao carón a atención presencial. Esta campañá durará ata finais do mes de decembro.
O novo portal organízase en dúas partes: unha páxina principal ou área de acceso público, e unha área persoal. Na primeira delas agrúpase toda a información necesaria para facer calquera trámite ou xestión, organizada en catro grandes categorías: vida laboral e informes; atlas, baixas e modificacións; consulta de pagos e débedas: e datos persoais. Pola súa banda, a área persoal é un espazo único para cada usuario, onde o cidadán pode visualizar todos os seus datos persoais e de contacto, situacións laborais actuais, vida laboral na Seguridade Social e outras situacións específicas.
Coñecedores de que o envío masivo de SMS por parte da TXSS pode levar á idea de que se trate dunha presunta fraude, desde a Tesourería Xeral da Seguridade quérese informar que desde a próxima semana enviarán 250 SMS diarias á veciñanza da provincia co obxectivo de tranquilizar aos usuarios e aclarar que se trata dunha campaña oficial, non dunha estafa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario