19 de nov. de 2021

OIA

Os Socialistas de Oia consideran "inadmisible que se teña que paralizar a obra da ponte colgante de Acevedo" 



Reportaxe fotográfica: Agrupación do PSdeG-PSOE de Oia

 

Infogauda / Oia

 Os Socialistas de Oia celebraron que [se realizase] "unha obra demandada por veciños e visitantes como é a reconstrución da ponte colgante de Acevedo, un espazo que no seu día congregaba a un bo número de visitantes do noso municipio e que co paso do tempo e a falla de mantemento fixo que quedase totalmente destruído".  

 Segundo veñen de indicar desde á Agrupación do PSdeG-PSOE de Oia, "recentemente estas obras, que xa se iniciaron fai unhas semanas, víronse paralizadas ante algo que os Socialistas de Oia consideran inadmisible".  




 

 "Non se pode consentir - afirman os socialistas de Oia - que nun proxecto de execución dunha obra, que se sufraga con fondos públicos, non se teñan en conta certos aspectos técnicos básicos coma a titularidade dos espazos onde esta se vai a levar a cabo.  

 Despois de iniciados os traballos pola empresa adxudicataria, resulta que se ten que paralizar a obra porque o acceso á mesma non é de titularidade municipal, e a empresa precisa empregar os accesos para acometer certos traballos neste espazo ante a falla de seguridade polo desnivel existente e as complicacións que presenta pola súa perigosidade".  

 Finalmente, desde a Agrupacion do PSdeG-PSOE de Oia afirman: "Este cambio na execución das obras vai supor que se desestimen os traballos que se ían a acometer inicialmente nestes accesos, mentres non se regularice a situación, o que se vai a traducir en que ao remate da obra teremos unha nova ponte colgante en Acevedo pero cuns accesos perigosos para veciños e visitantes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario