19 de nov. de 2021

OIA

O Concello de Oia felicita á Carmen Álvarez, veciña de Burgueira, polo seu 102 aniversario 

   

Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira, que cumpriu esta semana 102 anos, foi felicitada pola alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de alcalde, Carmen María Estévez

Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira, cumpriu esta semana 102 anos, sendo a segunda muller máis lonxeva de todo o municipio.  Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa Pombal, e a tenente de alcalde, Carmen María Estévez Adrover, fixéronlle entrega este venres dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.    

 Carmen Álvarez naceu o 17 de novembro de 1919 en Torroña, trasladándose a vivir a Burgueira cando casou con José, veciño coñecido por ser o carteiro nesta parroquia. Traballou toda a vida no campo e tivo 3 fillos. Actualmente desfruta do cariño da súa gran familia, pois ten 6 netos e 8 bisnetos.   

 A centenaria homenaxeada celebrou hoxe o seu aniversario na compañía dos seus achegados e seres queridos. Nesta data tan especial, a rexedora e a tenente de alcalde achegáronse a felicitala e transmitirlle os parabéns e agarimos en nome de todo o municipio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario