Os Socialistas de Oia reclaman máis investimentos por parte da Xunta de Galicia no municipio
Foto: Cedida
Infogauda / Oia
Á Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Oia, vén de facer público o seguinte comunicado:
"Os Socialistas de Oia, a través das enmendas parlamentarias aos presupostos da Xunta de Galicia, veñen de reclamar máis investimentos para o Concello de Oia para acometer melloras moi necesarias e reclamadas polos veciños do municipio coma unha nova depuradora de augas residuais (2.000.000€), mellora do saneamento nas Mariñas (500.000€) ou a eliminación de diversos puntos de vertidos ilegais na costa (300.000€).
Nesta relación de propostas presentadas no Parlamento de Galicia polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, figuran, entre outras as correspondentes a Oia
Estas importantes reclamacións solicitadas solventarían os numerosos problemas existentes no municipio en canto a saneamento e depuración de augas residuais, mellorando tamén o medio ambiente e a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario