18 de nov. de 2021

DEPORTES

FÚTBOL

REXIONAL PREFERENTE

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO LÍDER: U. D. OURENSE

O domingo, 21 de novembro, ás 4:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Logo do empate a cero goles, no encontro  disputado o pasado domingo día 14 deste mes, no estadio O Carballo, na localidade de O Porriño, entre a Unión Deportiva Atios e o Sporting Guardés; o conxunto de A Guarda, 7º na clasificación xeral por puntos, prepárase para recibir o vindeiro domingo día 21 de novembro, a Unión Deportiva Ourense.  

 O equipo da cidade das Burgas, líder da clasificación, leva contabilizados polo de agora 21 puntos, fronte aos 11 que ten o Sporting Guardés. A priori, a progresión aritmética de cada un dos conxuntos, é ben elocuente. Iso non vai ser obstáculo para que o encontro se presente con todos os alicientes, pois non en balde, fronte a un rival como a U.D. Ourense os xogadores do Sporting Guardés van sair motivados polo técnico Víctor Manuel López Rodríguez para dar o mellor deles mesmos, e ofrecerlles aos seareiros unha tarde de bon fútbol.

 Dese xeito, a afección guardesista ten unha cita co mellor fútbol de Rexional Preferente, este domingo ás 4:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña para alentar ao Sporting Guardés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario