8 de out. de 2021

TOMIÑO

A CUT ANUNCIA MOBILIZACIÓNS DO PERSOAL DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA VIARIA

Levan máis de 10 anos co mesmo salario e baixo un convenio de mínimos




Manuel Iglesias Parada* / Tomiño

 Os traballadores e traballadoras de Urbaser Tomiño, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria están fartos. Que cales son os seus motivos? Pois os seguintes: que non se senten respectados pola empresa logo de pasar ano e medio baixo a presión da pandemia do Covid-19, traballando arreo e en condicións para nada ideais. Lembrar que este sector foi declarado servizo esencial e non esquezamos tampouco que traballan cos resíduos cara a cara. A sección sindical da CUT veuse forzada a denunciar en inspección de traballo as pésimas condicións nos que estaban os vestiarios e as instalacións do centro de traballo. Tamén quixeron informar destas deficiencias ao Concello pero as trabas burocráticas impedírono. A todo isto hai que sumarlle que a CUT promoveu eleccións sindicais fai dous anos para ter por primeira vez un delegado de persoal que os representase e arrancar así a negociación dun convenio propio. Levan máis de 10 anos co mesmo salario e baixo un convenio de mínimos. A UGT gañou ditas eleccións por un voto, presentando un cargo intermedio da empresa. Os resultados acéptanse con absoluta normalidade democrática. O que non aceptan é que logo de dous anos dende as eleccións non haxa rastro de activivade do actual delegado de persoal. Semella que foi unha manobra de pau nas rodas. 

 Por todo isto, que non é pouco, anunciamos con total determinación que non imos seguir esperando moito máis tempo, e empregaremos todas as medidas necesarias, incluída a de folga indefinida da recollida do lixo e da limpeza viaria. 


*Delegado de persoal de Urbaser Redondela e membro da executiva comarcal da CUT na comarca de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario