8 de out. de 2021

OIA

A Alcaldesa de Oia aproba o inicio do Parque Eólico de Torroña 2 


Infogauda / Oia

 Mediante unha nota de prensa recibida no día de hoxe na redacción deste xornal dixital transfronteirizo, os Socialistas de Oia afirman mirar "con desconformidade como a Alcaldesa de Oia vén de notificar por decreto de alcaldía a concesión dunha licencia para a instalación, no termo municipal de Loureza, mediante obra maior, dunha torre anemométrica en chan non urbanizable de protección forestal, clasificado como chan rústico de protección forestal. 

 Esta obra, cuxo inicio está pensado en menos de 6 meses, conta xa co informe favorable do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural, e permitirá a instalación dunha torre anemométrica, unha estrutura instalada con carácter temporal, que se utiliza para realizar verificacións no lugar, relativas á posibilidade de instalar campos eólicos de gran potencia, como os que están previstos de instalar na Serra da Groba e aos cales opóñense rotundamente os Socialistas de Oia, por considerar esta instalación unha aberración paisaxística e contra o medio natural existente no noso concello. 

 O Concello de Oia percibirá por liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e liquidación da taxa por expedición de licencias urbanísticas un total de 2.188€."

Ningún comentario:

Publicar un comentario