FÚTBOL
PRESENTACIÓN OFICIAL DA U. D. RIBERA
Este domingo día 17 de outubro, ás 17:15 horas, no Campo Municipal de Fútbol da Mata (O Rosal)
U. D. Ribera / O Rosal
Este domingo 17 de octubre, ás 17:15 horas, no Campo Municipal de Fútbol A Mata, será a presentación oficial da Unión Deportiva Ribera, de O Rosal.
Os case 170 xogadores do noso club, serán presentados á afección.
Tamén contaremos cos integrantes do equipo afeccionado da tempada 1992/93 ao que faremos unha pequena homenaxe. Pasaremos lista! Así que non volo podedes perder!
Ao finalizar a presentación vaise disputar o tradicional trofeo Vila do Rosal, nesta ocasión contra o Erizana, C. F., ao que damos grazas por aceptar a invitación.
E aínda por riba, tamén vos adiantamos que a tarde estará chea de sorteos! Vascho a perder?
Ningún comentario:
Publicar un comentario