27 de set. de 2021

VIGO

CONFERENCIA FINAL PROXECTO RECALADAS NO CAMIÑO

O vindeiro mércores 29 de setembro




Infogauda / Vigo

 O vindeiro mércores 29 de setembro terá lugar a conferencia final do proxecto RECALADAS NO CAMIÑO, desenvolto por  FUNDAMAR  co apoio do programa O  Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia e que tivo por obxectivo deseñar a primeira senda de patrimonio industrial marítimo pesqueiro, aproveitando o marco de oportunidades que ofrece o  Camiño de Santiago polo litoral.  

 Durante a conferencia final, ademais de que cada un dos equipos que participaron no traballo de campo da #expedición recaladas presentarán as súas propostas de roteiro, que permanecerán expostas nunha das salas do Museo do Mar durante 3 semanas, terá lugar unha mesa redonda sobre as  potencialidade do patrimonio marítimo pesqueiro.  

 Se desexa asistir á conferencia en liña inscríbase a través premendo nesta ligazón. 

 Para máis información contactar a través do enderezo electrónico:

 fundamar@fundamar.org  

DESCARGAR PROGRAMA





Ningún comentario:

Publicar un comentario