19 de set. de 2021

O BAIXO MIÑO

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, PORTAVOZ POPULAR EN A GUARDA, É O REPRESENTANTE E CORDINADOR DO PP NO BAIXO MIÑO 

Foi nomeado coordinador do Baixo Miño o sábado 18 no Congreso Provincial do PP de Pontevedra

 

Alfonso Rueda e Roberto José Álvarez Carrero, en A Guarda


Infogauda / O Baixo Miño 

 O novo presidente do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, presentou ante o Congreso provincial unha candidatura na que integra a unha xeración de dirixentes gañadores e con experiencia municipal. Esta é unha das principais premisas nas que se fixou para perfilar o seu equipo, no que apostou por alcaldes que levan tempo xa gañando eleccións e que coñecen a política de proximidade sen esquecerse de voceiros que, a pesar de ser gañadores, non poden gobernar e se manteñen na oposición e tratando de que toda a provincia estivese ben representada, non só por criterios territoriais, senón tamén no que se refire á súa diversidade. 

 No que respecta ao equipo escollido destacou que presenta un comité executivo para afrontar con éxito as vindeiras eleccións municipais: “son os que máis coñecen a provincia, os que están a pé de rúa constantemente. Son políticos que combinan xuventude con experiencia de xestión pública e que contan co aval das urnas” 

 Así, xunto á vicepresidenta e ao secretario xeral, postos que recaeron en Nidia Arévalo e Luís López, están oito vicesecretarios e coordinadores comarcais que servirán de ligazón entre a dirección e cada comarca. 

 Os coordinadores comarcais serán Roberto José Álvarez Carrero (Baixo Miño), Fernando Pérez Domínguez (Caldas-Umia), Marta Valcárcel Gómez (Condado), Román Rodríguez González (Deza), Julio García-Logo Pérez (Paradanta), Alberto Acuña Crespo (Pontevedra), Javier Tourís Romero (Salnés), Ana Simóns Sánchez (Val Miñor), Valentín García Gómez (Tabeirós-Terra de Montes), Julio García Comesaña (Vigo) e Elena Estévez Freire (Morrazo). 

 Para o Baixo Miño, Alfonso Rueda escolleu a Roberto José Álvarez Carrero, presidente e voceiro en A Guarda, por ser persona preparada e que fala “claro, directo e sen ningún problema para decir as cousas en política”. 

 Os vicesecretarios serán os alcaldes Jorge Cubela (Cerdedo-Cotobade), María Ramallo (Marín), Telmo Martín (Sanxenxo), José López (A Estrada) e José Crespo (Lalín), o presidente do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, e en representación das dúas cidades estarán Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo, e Pepa Pardo, deputada na Deputación de Pontevedra e concelleira na capital.

Ningún comentario:

Publicar un comentario