1 de set. de 2021

A GUARDA

USUARIOS DA PRAIA AREA GRANDE DEMANDAN Á DOTACIÓN DE ASEOS PÚBLICOS PERMANENTES

· Que estén operativos todos os meses do ano


A praia de Area Grande: un enclave que conta con usuarios ao longo de todo o ano

Infogauda / A Guarda

 Atendendo as suxerencias de usuarios/as da praia Area Grande, deixamos constancia neste xornal dixital transfronteirizo da súa demanda de aseos públicos permanentes.

 Ainda que esa petición poida parecer extemporánea, toda vez que na temporada de verán está operativo un módulo que cumple esa función, non é menos certo que non está aberto durante toda á estación, e moito menos nos outros nove meses do ano.

 En todo caso, a reivindicación veciñal está fundamentada no feito de existiren persoas que acuden ao longo de todo o ano a esa praia e ao non dispór da devandita dotación de aseos, vénse na necesidade de teren que mexar - xa non digamos outras continxencias - onde boamente poden. E iso conleva que o fagan onde logo queda o correspondente fedor, causando unha mala impresión para veciños e visitantes, moitos dos cales son camiñantes que están facendo a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa.

 Por iso, aos efectos oportunos, deixamos constancia desa razonada petición que corresponde á administración municipal decidir sobre súa viabilidade.

1 comentario: