O titular da Xunta de Galicia participou na inauguración das VI Xornadas da Fundación Manolo Paz, onde se fixo entrega do recoñecemento desta entidade a Manuel Gallego Jorreto
Feijóo destaca a Gallego Jorreto como unha referencia indiscutible e salienta que a paisaxe urbana da Galicia actual lle debe moito a profesionais coma el
Foto. X.G.
Infogauda / Cambados
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a Manuel Gallego Jorreto como unha referencia indiscutible e salientou que a paisaxe urbana da Galicia actual lle debe moito a profesionais coma el.
Durante a inauguración das VI Xornadas da Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea, na que se fixo entrega do recoñecemento desta entidade a Gallego Jorreto, un arquitecto comprendeu enseguida as claves da nova arquitectura, aberta á exploración, pero tamén a explotar a potencia expresiva da sinxeleza.
Para concluír, Feijóo enxalzou tanto a Manolo Paz como a Gallego Jorreto por ser “un complemento perfecto” ao que Galicia aspira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario