Os GALP galegos celebran un seminario sobre Realidade Virtual e Aumentada aplicada aos museos
· A charla, que se impartirá en Muros (A Coruña) o 11 de xuño, estará a cargo da empresa Xoia Extending Reality, creadora do primeiro museo 100% virtual en España
· A actividade enmárcase no proxecto Pasaporte REMA, financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) e na que participan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Galegos
· O evento, que se pode seguir de forma en liña, está aberto a todo o público
Infogauda / Muros (A Coruña)
O proxecto Pasaporte REMA achega a cultura do futuro aos museos. Para iso, a fábrica de Sel en Muros (A Coruña) acollerá o venres, 11 de xuño, ás 10:00 horas un seminario para mellorar a experiencia dos visitantes aos museos mediante o uso da Realidade Aumentada e Virtual, entre outras tecnoloxías.
A charla estará a cargo da empresa galega Xoia Extending Reality, creadora do primeiro museo 100% virtual en España. O seu CEO, Xoel Vázquez explica que “o Museo 4.0 pode proporcionar unha experiencia auténtica e personalizada; que se inicia antes da propia visita ao espazo físico”. O mapeo interior no deseño das salas ou o uso de sensores e balizas, que son pequenos dispositivos con tecnoloxía Bluetooth que permiten a comunicación automatizada; son outros exemplos de avances tecnolóxicos sobre os que falará durante o seminario.
Os membros da Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (Rede REMA), composta por 31 museos localizados en Galicia, Portugal e Asturias, están convidados a participar no evento. Ademais, calquera persoa ou institución interesada en poñer en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo pode asistir ao seminario.
As persoas interesadas en acudir deben realizar previamente a súa inscrición a través do correo electrónico: info@redrema.eu. A charla poderá seguirse tamén de forma virtual. Ao público que non poida acudir de forma presencial, facilitaráselles a ligazón para iso.
PASAPORTE REMA
Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para iso, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA.
Rede REMA
Correo electrónico: info@redrema.eu
Teléfono: 630 536 428
PROGRAMA
Ponente: Xoel Vázquez Dios, socio fundador da empresa Xoia Extending Reality
Contidos:
10:00 h. Apertura do acto e benvida a cargo da presidenta da Rede REMA e Alcaldesa de Muros, Mª Inés Monteagudo Romero
10:10 h. Tecnoloxías aplicadas á
museoloxía 4.0
10:30 h. Que é
a Realidade aumentada e como funciona?
11:00 h. Casos de uso en
exposicións, museos e centros de interpretación
11:15 h. Pausa
café
11:45 h. Que é
a Realidade virtual e como funciona?
12:15 h. Casos de uso en
exposicións, museos e centro de interpretación
12:30 h.
Experiencias interactivas complementarias. Casos de éxito
12:50 h. Quenda de preguntas
13:00 h. Fin do
seminario
Ningún comentario:
Publicar un comentario