Feijóo destaca a contribución dos sindicatos á España das liberdades e oportunidades
Asevera que o Estado social e democrático que hoxe desfrutamos leva tamén o selo de CCOO que, baixo o lema Traballo, Unidade, Liberdade, celebrou en 1978 o seu primeiro congreso
Infogauda / Xixón (Asturias)
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a contribución dos sindicatos á España das liberdades e oportunidades, cuxo mantemento -dixo- require de compromiso e esforzo diario de todos.
Ao longo da súa intervención, Feijóo referiuse á diversificación, á internacionalización, á dixitalización e á sustentabilidade como os retos futuros a abordar, así como a capacidade de Correos para afrontalos con éxitos. Non en van, aseverou que a traxectoria desta empresa proba que sabe competir nun mercado cada vez máis disputado e máis amplo, sen perder a súa vocación de servizo e os seus sinais de identidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario