23 de xuño de 2021

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CUALIFICA DE “CHAVOLO” O LUGAR DE COBRANZA DA TAXA POR ACCESO AO MONTE SANTA TREGA

Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro de C.G. no Concello de A Guarda): “(...) que nos costou 200.000€, (e ainda está sen rematar, según palabra do Sr. Alcalde, e sin embargo, aceptaron e asinaron o fin de obra, recepcionando as instalacións feitas, tal e como denunciamos fai máis dun mes (...)”.


A esquerda da imaxe, o traballador encargado da percepción da taxa por acceso ao Monte Santa Trega, no novo punto de cobro ubicado no medio da estrada 
Fotos: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar no día de onte, 22 de xuño de 2021, á seguinte iniciativa:

O MODERNISMO NOS LEVA TEMPOS PASADOS  

 No día de hoxe, na subida o Monte [Santa Trega] escomenzou a funcionar a tempada de verán nas actuacións do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, cunha novidade, e a verdade é que o que mal comenza, mal acaba.  

 O “chavolo” que nos costou 200.000€, (e ainda está sen rematar, según palabra do Sr. Alcalde, e sin embargo, aceptaron e asinaron o fin de obra, recepcionando as instalacións feitas, tal e como denunciamos fai máis dun mes). Como decíamos, o “chavolo” foi posto operativo hoxe, sin anunciar nin facerse a “foto” nosos rexidores e alí se puxeron a traballar os cobradores de dito Padroado.  




 Cando nos enteiramos, por curiosidade subimos o monte con varios amigos, e despois dunha pequena observación, atopamos actuacións e xeitos de traballar impostos polas circunstancias que xa deberían ser superadas fai moito tempo. Decían os vellos que:  “do apuro, solo queda o cansancio” e a verdade é que esta realidade, pode comprobarse cunha ollada as imaxes que acompañamos e imaxinándose como teñen que cumprir as súas funcións dunha maneira tan precaria. 

 Consideramos que este apartado laboral, vai ser potenciador de moitas baixas e reclamacións polos traballadores, que calquera considera que xa foron conquistados. 

 Para empezar, imos falar dos accesos, a este novo punto de cobro, donde, a inexistencia do segundo carril de subida, impide que as persoas que traballan no cumio do Trega, queden retidos nas colas que se formen en pleno verán, sin ter vía de escape. 




 A sinalización, brilla pola ausencia, non existe ningún cartel de tarifas, necesario moito máis agora en que se puxeron prezos novos. Pola outra banda, o existir un soio cobrador, esperemos que nun momento de máxima concentración de vehículos non lle dé un “apretón” porque terá que ir a “facer de campo”, dado a falta de baños na caseta. 




 Como se pode observar na fotografía, a postura de cobro, é aberrante, cando leven 50 ou máis contursións, as dores de ril e lumbalxias, van estar a orde do día nas baixas laborais, pero ademáis, alguén pensou como van facer a xestión de cobro cando chove, si teñen que sacar pola ventana case medio corpo?. 

 Dende que se detén un vehículo a beira do portelo, se intenta comprobar cantas persoas (bastante difícil de mirar dende esa altura, por non decir imposible, xa non quero imaxinarme, cando pare un autobús que teña que estirarse o cobrador) hai que desplazarse a unha impresora que está na outra esquina do “chavolo”, volver a asomarse pola fiestra, indicar o diñeiro dos visitantes, cobrar, e dala “volta”, todo un paseo que nos momentos de máxima afluencia, van provocar retencións bastante problemáticas.  

 Do mesmo xeito, dado que na súa actividade manexan diñeiro, non existe donde tomar condicións mínimas de salubridade para manter a hixiene, como mínimo poder lavar as máns os traballadores.    

 Outro gran problema, é que se imprime un soio tícket por vehículo, ben sexa automóbil ou autobús, e cando chegan a porta do Museo (MASAT) como se identifica a quenes pagaron ou non? Se vai prohibir aos turistas o acceso ao mesmo?? Como farán os traballadores para identificar as persoas que pagaron no “chavolo”? Sería bó que nos dera unha resposta a Concelleira de Patrimonio. Se vai poñer un sistema de identificación e cobro no acceso o Museo?  

 Por non poñer, non puxeron nin unha sinal de STOP na chegada o punto de cobro. Desexamos que si a van poñer, que sexa instalada de maneira máis “decente” que a que colocaron para sinalar o carril de baixada, que máis parece recuperada do “punto limpo”. 

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar que se proceda a organizar en condicións de respecto e decencia adaptadas a época actual das maneiras de desempeñar a súa función laboral os cobradores do Padroado Municipal Monte de Santa Trega.       

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA 

___________________________________

Novas relacionadas publicadas en INFOGAUDA

DOUS ANOS DESPOIS DO COMEZO DAS OBRAS 

A "PORTA DO TREGA" EVIDENCIA A INCURIA EXISTENTE


“PORTA DO TREGA” 

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS INSTA AOS DISTINTOS ESTAMENTOS PARTÍCIPES QUE REVISEN AS SÚAS OBRIGAS E RESPONSABILIDADES NESE PROXECTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario