23 de xuño de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda convoca os Premios de Educación 2020-21   

• As bases xa se atopan dispoñibles na web municipal 


IES A Sangriña
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de publicar as bases de participación nos Premios de Educación 2020-21, co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas.   

 Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que haxa cursado estudos nos centros públicos e concertados de primaria ou secundaria da localidade de A Guarda durante o curso 2020-2021, establecéndose un máximo de 28 premios consistentes en material informático.   

 Son requisitos haber obtido unha nota media mínima de 8, salvo naqueles casos nos que se propoña ao alumnado o recoñecemento polo seu traballo, esforzo e participación.   

 Constituirase unha comisión avaliadora integrada por un/unha presidente/a, catro vogais e un/unha secretario/a, entre os cales haberá representantes municipais e dos centro educativos municipais, que serán os encargados de ditaminar aos/as premiados/as. 

 A listaxe de premiados/as será publicada na web municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario