26 de maio de 2021

TOMIÑO

Río Tollo, comprometido coa calidade dos nosos produtos e o benestar do noso persoal 

  

José Collazo, xerente de Río Tollo co certificado GLOBALG.A. P.


Río Tollo / Tomiño

 En Río Tollo a paixón polo noso traballo, ofrecer produtos da máxima calidade de forma sostible e valorar ao noso persoal son claves na nosa filosofía de empresa. Un longo camiño que se iniciou hai xa 22 anos e no que seguimos poñendo todo o noso empeño. Por este motivo é para nós un orgullo sumar nos últimos días dous novos certificados internacionais,  GLOBALG.A. P. e  GRASP, que nos avalan como empresa de plena confianza no sector e garanten o noso compromiso co  medioambiente, a saúde, seguridade e benestar do noso persoal. 

 O selo GLOBALG.A.P. apoia todo o traballo realizado desde Río  Tollo para ser unha empresa con Boas Prácticas Agrícolas, unha certificación que se outorga tras o cumprimento e implantación de procesos produtivos e controis en grao sumo esixentes establecidos a nivel europeo. “Para nós é unha satisfacción enorme lograr este certificado internacional, é o recoñecemento ao noso labor para conciliar o traballo, para ofrecer produtos da máxima calidade coa convivencia en equilibro coa contorna rural do que formamos parte. Este selo acredita ese esforzo por realizar o noso traballo de forma sostible e respectuosa co medio ambiente”, destaca José Collazo, xerente de Río Tollo.  

 Xunto con esta marca tamén sumamos á nosa empresa a certificación GRASP, que recolle o noso compromiso coa saúde, seguridade e benestar dos traballadores e traballadoras, porque “as boas prácticas agrícolas non se centran unicamente nos produtos, senón tamén nas persoas”. Trátase dun módulo voluntario dentro do certificado GLOBALG.A. P. co que Río Tollo decidimos implicarnos “convencidos de que o coidado e profesionalización do equipo humano é fundamental para seguir crecendo”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario