20 de maio de 2021

O ROSAL

O Concello do Rosal reparte 1.000 bolsas de tea  co gallo do mes das letras  

· A veciñanza poderá obtelas no comercio local. 

· Os establecementos interesados en distribuílas deberán solicitalas e recollelas no Concello


De esq. á der.: Sara Vicente Salcidos, concelleira de Medio Ambiente, e Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal, na presentación das bolsas para repartir entre á veciñanza ao realizar as súas compras nos establecementos do municipio

Foto: C.O.R.
    

Infogauda / O Rosal

 O Rosal repartirá entre a veciñanza 1.000 bolsas de tea co lema ‘A lingua é fonte vella da que mana auga fresca’, impreso xunto co debuxo dunhas pingas de auga e o novo logo do Concello. Este reparto realízase co gallo do Mes das Letras, que O Rosal celebra durante todo este maio con diversas actividades arredor da conmemoración do Día das Letras Galegas. 

 Todas estas bolsas de tea distribuiranse no comercio local, polo que a veciñanza poderá obter a súa ao realizar as súas compras nos establecementos do municipio. Os comercios interesados en contar con estas bolsas deberán solicitalas e recollelas na casa consistorial. 

 Ademais de fomentar o comercio de proximidade, con esta iniciativa o Concello busca tamén contribuír á sostibilidade medioambiental, apostando por resistentes bolsas reutilizables de algodón coas que reemprazar ás de plástico que tardan máis de 150 anos en desintegrarse e que afectan gravemente ao ecosistema ao ser desbotadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario