Informática para nenas/os
· Formación de balde na Aula CeMIT de A Guarda para este verán
Infogauda / A Guarda
A Aula CeMIT de A Guarda organiza unha nova formación en informática dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos).
Dende un enfoque pedagóxico centrado na persoa, realizarase unha formación de balde, adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas.
As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611 850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal).
Desde o equipo de goberno municipal do Concello de A Guarda comunican "que tamén se están a realizar outros cursos dirixidos a persoas adultas que contan con prazas libres: procesador de textos, mecanografía, correo electrónico, iniciación á informática e curso básico de xestión de redes sociais para negocios".
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración.
O concello de A Guarda manten a aula CeMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do Plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CeMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario