Os Socialistas de Oia piden ao BNG que unifique criterios sobre as peaxes e a AP-9
• Gerardo Rodríguez (portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia): “Non é normal que voten en Madrid unha cousa e en Galicia fagan ao contrario”
De esq. á der.: Elena Álvarez Pérez, Gerardo Rodríguez Refojos e Marisa Giráldez Álvarez, na sede da Agrupación Socialista de Oia
Infogauda / Oia
O pasado 25 de Marzo celebrouse no Concello de Oia un pleno ordinario no que se debateron diversos asuntos entre os que cabe destacar as tres mocións presentadas polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE. A primeira para a adhesión do Concello de Oia á Área Metropolitana de Vigo, outra instando á Xunta de Galicia a actualizar o módulo de prezo/hora do Servicio de Axuda no Fogar (SAF) que paga aos concellos este ano incrementándoo, ata asumir o 100 % do custe real no 2023, e a terceira sobre a derogación da 11ª da lei da Área Metropolitana de Vigo (sic).
As tres mocións deixáronse para o próximo pleno co fin de que puideran estudialas con más detemento os concelleiros.
Igualmente debateuse unha moción presentada polo BNG sobre transferencia e rebaixa das peaxes da AP-9, aprobada con 2 votos a favor (BNG e PP) e 9 abstencións. Nesta moción o Grupo Municipal Socialista abstívose ao considerar unha incongruencia o solicitar o emprego de 59 millóns de euros, incluídos nos orzamentos xerais do Estado para este fin, e ter votado en contra en Madrid.
No apartado de rogos e preguntas o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE realizou as seguintes interpelacións:
1) Pregunta pola obra da depuradora de Viladesuso aprobada e non realizada.
2) Saneamento e situación no Camiño de Lourido.
3) Saneamento en Burgueira e Loureza.
4) Situación actual do PXOU.
5) Ordenanza sobre a traída municipal de auga e valoración sanitaria do traballo encargado sobre as traídas de augas.
6) Situación do muro de contención no colexio de Refoxos polo peligro de accidente.
7) Bandas na estrada de Burgueira excesivamente altas e non cumpren os requisitos. Ao parecer existe reclamación xudicial.
8) Ordenanza sobre terrazas.
9) Falla de contedores en Arrabal e Chavella.
10) Séguese sen ter acceso a fibra óptica en importantes zonas do Concello.
11) Reclamacións varias, por accidentes, debido á situación intransitable da Estrada Vella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario