O mercadillo dos sábados adiántase esta semana
• Ao venres 30 de abril debido a que o sábado 1 de maio é festivo (Día Internacional dos Traballadores)
Vista parcial do mercadillo semanal na Alameda da vila antes da pandemia
Foto: Arquivo C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda informa que debido á celebración do Día do Traballador (1º de Maio), esta semana o mercadillo semanal, que habitualmente celébrase os sábados, pasa a celebrarse na xornada do venres día 30 de abril pola mañá no entorno da Alameda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario