6 de abr. de 2021

A GUARDA

A Guarda conta con dous novos auxiliares de Policía Local 

  • Veñen de incorporarse á plantilla fixa de 6 policías locais na vila

 • Grazas a estas incorporacións mellorarase o control das Zonas Azuis e outros servizos á cidadanía

             O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Tráfico, co xefe da Policía Local en funcións e os dous novos auxiliares - Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno local que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, vén de facer público que o Concello de A Guarda conta dende fai uns días con dúas novas incorporacións ao corpo da Policía Local. Trátase de dous novos auxiliares que veñen a completar a plantilla existente de 6 policías locais, sumando así un total de 8 axentes en servizo. 

 Ao longo desta semana irán asumindo as diferentes tarefas de seguridade viaria, control do tráfico, xestións administrativas, control da zona azul, control das saídas e entradas nos centros educativos, cumprimento das medidas sanitarias vixentes, entre outras. 

 O Concello de A Guarda está pendente da resolución do concurso realizado pola Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para a praza de Xefe da Policía Local de A Guarda, que quedou deserta despois da xubilación do anterior cargo e asumida en funcións por parte dun dos policías locais da vila, a quen o Concello quere trasladar o seu agradecemento. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario