A Xunta de Galicia, en colaboración co sector turístico, avala Galicia como destino seguro para peregrinos e visitantes
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, inaugurou na Cidade da Cultura o encontro telemático internacional “Preparados para o Xacobeo 2021-2022. Camiño a Galicia, Camiño seguro”
O vicepresidente primeiro, Alfonso
Rueda, inaugurou hoxe a webinar Preparados para o Xacobeo 2021-2022.
Camiño a Galicia - Foto: X.G.
O foro reuniu a expertos, asociacións de Amigos do Camiño e comunidades galegas no mundo para debater sobre as medidas adoptadas para a reactivación do turismo e do Xacobeo no contexto da crise sanitaria
Infogauda / Santiago de Compostela
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a webinar Preparados para o Xacobeo 2021-2022. Camiño a Galicia, Camiño seguro, un encontro telemático que reuniu a expertos, asociacións de Amigos do Camiño e comunidades galegas no mundo para debater sobre as medidas adoptadas para a reactivación do turismo e do Xacobeo no contexto da crise sanitaria.
No foro internacional
déronse a coñecer as medidas adoptadas pola Xunta neste último ano,
tanto para axudar e preparar o sector coa finalidade de garantir a
seguridade dos visitantes, como para atraer turistas baixo o lema
Galicia, destino seguro. Con ese obxectivo puxéronse en marcha
iniciativas como o seguro coronavirus, axudas para a mellora das
infraestruturas, cursos de formación para o sector, actuacións nos
albergues e inversións nos itinerarios para que os que queiran viaxar
con garantías elixan Galicia e o Camiño de Santiago.
O encontro
tivo lugar na Cidade da Cultura, cunha parte dos participantes
presentes no recinto e outra parte intervindo online para garantir as
medidas de seguridade ás que obrigan as circunstancias sanitarias. Logo
da proxección do vídeo promocional do Xacobeo, celebráronse mesas
redondas e debates sobre as medidas de seguridade no Camiño, o
voluntariado e o espírito de acollida no Xacobeo, a hospitalidade
tradicional dos mosteiros e a adaptación da programación ás novas
circunstancias, entre outros temas.
O vicepresidente primeiro da Xunta destacou durante a súa intervención a importancia de “fomentar a mensaxe de Galicia como destino seguro para aportar un plus de tranquilidade e confianza aos viaxeiros de todo o mundo”. Nesta liña, destacou o traballo da Xunta nestes meses para ter todo listo para recibir a peregrinos e turistas cun destino e un Camiño seguros.
Na
webinar participaron expertos, asociacións de Amigos do Camiño e
comunidades galegas espalladas por todo o mundo. Nos relatorios
interviron, entre outros, o director xeral de Emerxencias e Interior,
Santiago Villanueva, e o director de Administración e Relación coas
Asociacións do Camiño de Santiago da SA Xacobeo, Ildefonso de la Campa. A
clausura correu a cargo da directora da Axencia Turismo de Galicia,
Nava Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario