O Concello de Oia rehabilitou as Escolas de Torroña para usos socioculturais
Acometéronse melloras para favorecer o illamento térmico e acústico, evitar humidades e mellorar a accesibilidade
Incorpóranse equipamentos como un proxector, amplificadores, altofalantes e novas mesas e cadeiras
Infogauda / Oia
O Concello de Oia vén de acometer diversas obras de mellora e rehabilitación do inmoble das antigas escolas de Torroña, unha actuación que supuxo diversos traballos de renovación de materiais, intervencións en materia de accesibilidade e dotación de equipamentos (como un proxector, amplificadores, altofalantes e novas mesas e cadeiras) para usos socioculturais.
A actuación contou cun investimento total de 53.131,08 euros e foi realizada ao abeiro dunha subvención do GDR Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural. A cantidade incluída dentro da axuda (concedida dentro da medida LEADER, con fondos de FEADER, MAPA e Agader) ascendeu a un total de 48.778,98 euros. Pola súa banda, os 4.352,10 euros restantes corresponden a unha achega de fondos propios do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario