A CIG-INDUSTRIA PRESENTARÁ AS PROPOSTAS PARA GARANTIR O FUTURO DA INDUSTRIA GALEGA DE AUTOMÓBIL
Este mércores, 31 de marzo, ás 10:30 horas, no local da CIG de Vigo
Infogauda / Vigo
O secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, comparecerá este mércores día 31 de marzo de 2021, ás 10:30 horas, no local da CIG (rúa Gregorio Espino, 47 - Vigo), en rolda de prensa xunto coa responsábel do sector da automoción da federación, María Xosé García, para presentar o documento actualizado que recolle as propostas da central sindical para garantir o futuro da industria galega do automóbil.
A comparecencia terá lugar nun espazo axeitado para garantir as medidas de prevención fronte á covid, tanto de ventilación como de distancia persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario