O Concello de A Guarda inicia o reparto de máis de 200 composteiros individuais
• Realizaranse 5 charlas informativas para que os veciños da vila saiban como empregalos axeitadamente
Infogauda / A Guarda
O equipo de goberno do Concello da Guarda, vén de facer público que a través da Concellería de Medio Ambiente, continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de máis de 200 composteiros individuais, que xa se están a distribuír entre os veciños que realizaron a súa socilitude.
Estes equipos de compostaxe constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente ao abeiro das axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 durante os anos 2020 e 2021.
Desde o Concello indican que realizaranse un total de 5 charlas informativas - as cales tiveron lugar onte luns e hoxe martes, días 29 e 30 de marzo, quedando pendentes as deste mércores día 31 de marzo - no Centro Cultural nas que a técnica de Medio Ambiente municipal é a encargada de ensinar aos veciños da vila como é o seu funcionamento, cunha breve formación e explicación da montaxe do composteiro.
As persoas que se atopan en lista de espera serán chamadas para asistir a estas sesións formativas, que se realizan cun aforo limitado debido ás medidas sanitarias vixentes pola Covid-19. As persoas que aínda non solicitaron o seu composteiro COIN, poden solicitar un de balde chamando 986 610 000 (Medio Ambiente) ou no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es
Antonio Lomba Baz, alcalde da vila, califica esta iniciativa como moi boa, posto que axuda a reducir de xeito importante a cantidade de lixo orgánico que remataría doutra forma nos contedores, a maiores de que os seus usuarios poden empregar o compost que se xere para aboar as súas fincas ou cultivos.
Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Medio Ambiente, aproveitou a ocasión para animar a todos os veciños que aínda non fixeron a súa solicitude a que se inicien na compostaxe e que soliciten un composteiro individual para as súas vivendas, axudando deste xeito ao medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario