5 de feb. de 2021

TOMIÑO

O Concello de Tomiño ilumínase de verde en conmemoración do Día Mundial contra o Cancro  

A iniciativa pretende contribuír á sensibilización do problema que a doenza representa na sociedade  

 

               O Concello de Tomiño súmase á iniciativa da AECC - Foto: C.T.

I

nfogauda / Tomiño

 O 4 de febreiro conmemorouse o Día Mundial contra o Cancro e o Concello de Tomiño decidiu sumarse á iniciativa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de iluminar edificios públicos de relevancia en cor verde co obxectivo de dar visibilidade e contribuír á sensibilización do problema que o cancro representa na nosa sociedade.  

 A iniciativa é unha das moitas promovidas pola organización ao longo do ano e recalcan a importancia de fomentar hábitos saudables de prevención da doenza. Estímase que aproximadamente un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres vai ter cancro nalgún momento da súa vida, e cada ano no mundo diagnostícanse de cancro máis de 14 millóns de persoas, ocasionando esta doenza case 10 millóns de mortes.   

 Segundo datos da propia AECC, o ano pasado foron diagnosticadas en Galicia case 20.000 persoas e perderon a vida máis de 8.300, unha cifra que se espera que aumente nas próximas décadas.      

 O Concello estará iluminado de cor verde desde o 4 de febreiro ata o próximo domingo día 7.

Ningún comentario:

Publicar un comentario