8 de feb. de 2021

PESCA

O GRUPO SOCIALISTA REUNIUSE COS PALANGREIROS DE A GUARDA 

E COMPROMETEUSE A TRASLADAR A SÚA SITUACIÓN AO MINISTERIO  

 

            Captura de pantalla da xuntanza de traballo realizada de xeito telemático

 

Infogauda / A Guarda

 A voceira de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia no Parlamento galego, Patricia Otero Rodríguez, mantivo unha xuntanza de traballo cos palangreiros de superficie de A Guarda en compañía do alcalde desta localidade, Antonio Lomba Baz, para escoitar de primeira man as necesidades do sector e para coñecer a problemática relacionada coa pesca e comercialización do marraxo. No encontro tamén participou María Leticia Gallego Sanromán, deputada socialista por Pontevedra .  

 A reunión serviu para que os palangreiros representados polas asociacións, OR.PA.GU. e a Asociación de Palangreros Guardeses, puidesen trasladar a situación na que se atopan ao Grupo Parlamentario Socialista, do que obtiveron o seu apoio e o compromiso de levar as súas “inquedanzas e necesidades” ao Ministerio.  

 Ademais, as deputadas socialistas aseguraron aos representantes do sector que seguirán en contacto con eles para coñecer a súa opinión nos distintos momentos.  

 Finalmente, a voceira de Pesca do PSdeG-PSOE no Parlamento galego valorou os esforzos desta flota, dedicada á captura do marraxo de cara ao cumprimento da normativa internacional. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario