23 de feb. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda traballa pola mellora da eficiencia enerxética e o mantemento do servizo da piscina municipal  

• A administración local adxudicou o 9 de febreiro a elaboración dunha diagnose enerxética para esa infraestrutura deportiva

 

                            Vista da piscina municipal de A Guarda - Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 O pleno do Concello de A Guarda procedeu no día de onte, 22 de febreiro do 2021, á aprobación da modificación do contrato coa concesionaria da piscina municipal. Con ese acordo, que contou coa aprobación de todos os grupos municipais, o concello guardés pasa  a afrontar os gastos orixinados polo protocolo COVID nas devanditas instalacións deportivas, así como asumir o canon do 13% en consumos enerxéticos (ata de agora estes gastos asumíaos a concesionaria). Dese xeito,  a través desa modificación contractual  que se realiza no marco da necesidade de adoptar medidas urxentes  e extraordinarias para facer fronte ao impacto económico do COVID- 19 e garantir a continuidade do servizo, ante  a dificultade para o concesionario da execución do contrato; motivo polo cal o Concello de A Guarda colabora coa concesionaria da piscina municipal.  

 "Por outra banda, o concello vén mantendo reunións coa empresa concesionaria, a cal xa trasladou a negativa de ampliación do contrato por un prazo de 2 anos, para paliar as consecuencias negativas por mor do COVID-19. Como resultado deses encontros, o pasado 2 de febreiro  acordouse  que era unha prioridade acometer unha diagnose enerxética da piscina e así se formalizou o contrato o 9 do mesmo mes,  no que ademais dunha auditoría enerxética tamén se vai a realizar unha avaliación da propia estrutura arquitectónica. Destas cuestións son coñecedores todos os grupos municipais", indicaron desde o Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario