DEMSU DOA 165 PANTALLAS PROTECTORAS HOMOLOGADAS AO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO
Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo, cos representantes de DEMSU, Carlos Alves e Javier Berbel
Infogauda / Vigo
O Hospital Álvaro Cunqueiro recibiu 165 pantallas protectoras para combater a epidemia da Covid19, doadas pola empresa galega DEMSU. S.A.
Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo, quixo estar presente cos representantes de DEMSU, Carlos Alves e Javier Berbel, que entregaron as pantallas protectoras, e explicaron as características das mesmas, onde destacaron que:
• Non se embazan
• Non apertan
• Non pesan
• E están homologadas coa normativa EPI EN166:2011
Deseño e Modelado de Superficies S.A. (DEMSU SA) dedícase ao deseño de moldes para inxección, principalmente para o sector da automoción, que este ano 2020 cumpre 25 anos de experiencia. Como consecuencia da Pandemia, a Responsabilidade Social Empresarial da empresa decidiu dedicar recursos en I+D+i para obter este produto, cuxa relación calidade/prezo superou as expectativas (9,5€+IVE).
A dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro manifestou o seu agradecemento comprobando a robustez e lixeireza das pantallas, o visor ten 1,5mm e cobre tamén os oídos, así como o acerto nas cores alegres que deben ser usados cos pacientes e permiten identificar diferentes áreas. Inmediatamente asignaron as 165 pantallas ás unidades de otorrinolaringoloxía, anestesia e críticos.
Javier Puente agradeceu aos representantes de DEMSU o produto e interesouse polo custo para poder dotar a máis persoal do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario