19 de nov. de 2020

GALIZA

MÁIS DE MEDIO CENTO DE COLECTIVOS GALEGOS PIDEN A MORATORIA A NOVOS PARQUES EÓLICOS E UN NOVO MARCO REGULADOR PARA A ENERXÍA EÓLICA EN GALIZA, A TRAVÉS DO MANIFESTO "ALDEAS CON HORIZONTE"   

Infogauda / Galiza

 Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal, cultural, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galiza lanzan o manifesto "Aldeas con Horizonte" polo que demandan a moratoria de novos parques eólicos, a revisión dos xa aprobados nos que haxa conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional. 

 Os colectivos asinantes pretenden con este manifesto alertar sobre a ameaza que está a supoñer para o rural galego a actual implantación de parques eólicos e que segue un modelo depredador e abusivo coas comunidades locais, ademais de desatender a normativa actual en materia ambiental, patrimonial e paisaxística. 

 O manifesto que hoxe sai a luz indica un mínimo de 15 principios básicos que deberan guiar a nova normativa de desenvolvemento eólico en Galiza.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario