26 de nov. de 2020

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE A GUARDA FIXO UNHA SINALIZACIÓN EN MADEIRA E COLOCOU VARIOS MONOLITOS DE PEDRA NO MONTE SANTA TREGA

Asemade adicará un espazo de lecer ao Dr. D. Hermelindo Portela Gómez, e un miradoiro en lembranza do Dr. D. Joaquín Lemos Zunzunegui

 



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 En resposta a solicitude de información feita por este cronista en días pasados, logo de verificar á realización de varios traballos en diferentes lugares da xurisdicción da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de A Guarda; a devandita Comunidade de Montes Veciñais, por medio dunha nota de prensa e unha ampla reportaxe fotográfica, da cal, por razóns de espazo, escolmamos unha selección das mesmas; vén a facer público, que cumplindo cos seus proxectos elaborados o ano pasado, a pesar de tódalas dificultades de toda índole, laborais, sociais e económicas, dado o recorte de ingresos a percibir a través do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, (que no que se refiere a este ano é CERO) así como outras problemáticas xurdidas, provocadas pola pandemia do COVID-19, vén de dar remate as acordadas na derradeira Asemblea Xeral Ordinaria celebrada, no que entre outros puntos de obras a desenrrolar, estaba, levar a cabo a sinalización en madeira e monolitos de pedra nos atallos, espazos de lecer e miradoiros, polos cales esperamos poder realizar distintas andainas, paseos e camiñatas, en grupo ou individualmente, dado que esas obras son para uso e disfrute de todal as persoas que queiran usalos e facer actividades en contacto ca natureza. 

 

 



 Así mesmo, seguimos traballando para rematar a segunda fase de dous proxectos acordados na Asemblea Xeral Ordinaria referida anteriormente deste proxecto, que por unanimidade, se acordou adicar un espazo de lecer, xa sinalizado “in situ” co seu  monolito correspondente, no que pronto se instalarán unhas mesas e bancos, adicada o derradeiro Presidente da Sociedad Pro-Monte, D. Ermelindo Portela Gómez, e así mesmo, o Miradoiro, en lembranza, do Doutor Joaquín Lemos Zunzunegui, quen ca súa profesionalidade e trato especial se gañou o cariño e admiración de todo os guardeses e baixomiñotos, quedando no noso corazón, como o Dr. “Tito Lemos”.

 Conforme se vaian desenvolvendo e rematando todos estes traballos, dende a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de A Guarda, iremos informando a todo os comuneir@s e veciñanza en xeral

 



 Compre salientar que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de A Guarda tamén editou unha Guía de sinalización do Monte Trega (sic), coas localizacións e denominacións, dos lugares máis emblemáticos da aba Norte do Monte Santa Trega, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia, por medio do Xacobeo 2021, ademáis de medios da propia Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario