25 de nov. de 2020

A GUARDA

MOCIÓN EN DEFENSA DOS EMIGRANTES RETORNADOS GALEGOS

Foi presentada pola Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados

Será tratada no pleno ordinario da Corporación Municipal de A Guarda, este venres día 27 de novembro

 

Na imaxe de arquivo, tomada antes de ser decrarada á pandemia do Covid-19, grupo de emigrantes retornados do Baixo Miño, participando nunha das mobilizacións en defensa das súas reivindicacións

Infogauda / A Guarda

 José Benito Alonso Dacosta, en representación da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornadxs de Galiza, e portavoz da Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño, vén de presentar no Concello de A Guarda unha moción - que será tratada na sesión plenaria ordinaria que este venres día 27 de novembro de 2020, ás 20:00 horas, na Casa do Concello, celebrará a Corporación Municipal. 

 Na devandita moción, que foi asumida polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, faise á seguinte exposición de motivos: 

 O colectivo de emigrantes retornadxs de Galiza levamos desde o ano 2013 loitando nas rúas e nas institucións públicas polo trato discriminatorio que recibimos polas nosas pensións. Pensións que recibimos de xeito totalmente transparente digno  por países extranxeiros onde traballamos arreo, enviando, mentras alí estivemos emigradxs, divisas ao noso país de orixe, divisas que axudaron a erguer a nosa sociedade e a que o noso prosperase. 

 Grazas a nosa loita pacífica e exemplar conseguimos que moitxs emigrantes recuperaran o perdido por medio da disposición adicional da Lei 26/2014, pero aínda así seguimos a sofrir graves problemas  que poderían estar solventados se houbese vontade e ética política. 

 En xaneiro deste ano, o noso colectivo, ollou con grande esperanza o acordo do BNG para votar favorablemente a investidura de Pedro Sánchez onde se recollía que durante o 2020 serían adoptadas as medidas necesarias para evitar o trato discriminatorio que sofrimos xs emigrantes retornadxs. 

 Por desgraza, neste ano, todxs sofrimos a pandemia do coronavirus que se cebou especialmente coas persoas máis maiores e que paralizou, en gran medida as nosas vidas. Sendo conscientes de que somos persoas cun perfil de alto risco, non desistimos, e seguimos a loitar, aínda que con medios diferentes, para que a nosa voz, e a voz das que xa non están entre nos, non fique silenciada. 

 Por todo isto propomos o seguinte: 

ACORDO 

- Solicitamos que o governo municipal tome á iniciativa e traslade ao resto de governos municipais que compoñen a nosa comarca a necesidade de unir forzas, e, de xeito conxunto, instar  ao Goberno Central o seguinte: 

1. Que non se aplique a Lei 35/2006  ás pensións dxs emigrantes retornadxs. 

2. Que se modifique a lexislación actual evitando, pois, o tratamento fiscal discriminatorio xs emigrantes retornadxs que seguimos estamos a sofrir na actualidade. 

3. Que se recoñeza de oficio e se homologue o grao de invalidez recoñecido no país de orixe da pensión. 

4. Que se asuman as sentencias xudiciais que en virtude do artigo 19 do tratado bilateral hispano-alemán, que exime de tributación no Estado español as pensións percibidas de Alemaña e que se proceda a devolución de oficio de todos os cartos cobrados en concepto de IRPF. 

5.O Dereito a Seguridade Social Universal e gratuíta para todas/os os emigrantes galeg@s retornados, garantida na constitución española e que non se cumpre (moitxs emigrantes retornadxs teñen que pagala do seu peto).

Ningún comentario:

Publicar un comentario