28 de set. de 2020

TOMIÑO

A Corporación Municipal de Tomiño aprobou en pleno a conta xeral  do Concello

O Concello cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e reduce o período medio de pago a proveedores a 10 días

  

                                              Casa do Concello de Tomiño


Infogauda / Tomiño

 A Corporación Municipal do Concello de Tomiño celebrou o xoves día 24 deste mes un pleno ordinario no que, entre outros asuntos, se aprobou a Conta Xeral do orzamento municipal de 2019. A Conta Xeral é un trámite administrativo que revela a boa saúde económica do Concello e que permite tanto á corporación como á cidadanía coñecer as actuacións realizadas durante todo o exercicio orzamentario, permitindo controlar o uso dos fondos públicos a xestión económica, financeira, patrimonial e orzamentaria do municipio. 

 Así mesmo, como confirman os datos achegado no pleno, o Concello de Tomiño cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria no exercicio 2019.  

 Por outra banda, o Concello leva tempo traballando para axilizar a tramitación de facturas, fundamental para a reactivación económica no contexto de crise sanitaria que se está a vivir. Deste xeito, no segundo trimestre de 2020 o período medio de pago a proveedores reduciuse ata os 10,38 días. 

 No pleno tamén se trataron, entre outros temas a aprobación dos festivos locais para o vindeiro ano 2021, que serán o 16 de febreiro, martes de Carnaval, e o 13 de setembro, luns do Alivio. Ademais, aprobouse o protocolo para a posta en marcha dun proxecto piloto para compartir bicicletas eléctricas, unha iniciativa da AECT Rio Minho que busca incrementar a mobilidade transfronteiriza sustentable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario