28 de set. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO

Milu Rodríguez e Eduardo García, da Sociedade Atlética do Trega, proclamáronse campións galegos no Campionato Máster ao aire libre 

Logrando entre os dous tres medallas de ouro 

 

Milu Rodríguez Baz no podio, coa medalla de ouro que conleva o título de campioa galega Máster 40 de 5.000 m marcha
Fotos: S.A.T. 
 

Infogauda / Deportes

 Os atletas da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, volveron ás pistas con grandes resultados despois de meses sen competicións pola situación sanitaria. Foi o pasado sábado día 26 de setembro, no XXXIII Campionato de Galicia Máster ao aire libre celebrado nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, de Pontevedra, baixo as máis estritas medidas de seguridade, no que Milu Rodríguez Baz e Eduardo García Fernández se proclamaron campións galegos e conseguían un total de tres medallas de oro para o club tomiñés.  


Eduardo García Fernández nos podios coas medallas de ouro, que o acreditan como campión galego M45 de 800 ml e de 400 ml, respectivamente
 

 A guardesa Milu Rodríguez Baz conseguíu unha vez máis o título de campioa galega Máster 40 na proba de 5.000 m marcha mellorando a súa marca mínima cun crono de 28’26" 72. Pola súa banda, Eduardo García  Fernández, tamén de A Guarda, logrou proclamarse campión galego M45 por partida dobre: na proba de 800 ml, onde entrou claramente en solitario cun tempo de 2’05" 04, e nos 400 ml, onde impuxo un forte ritmo de carreira dende a saída e entrando na liña de meta en solitario cun rexistro de 55" 76. 

 Dende a directiva do club destacan que as enormes marcas establecidas por estes dous deportistas demostran “a enorme calidade que ten o Baixo Miño, porque lideran os rankings autonómicos das diferentes disciplinas”.  

 Asemade agradecen ao Concello do Rosal porque actualmente estos deportistas adestran nas instalacións municipais do Campo da Mata.

Ningún comentario:

Publicar un comentario