A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA, MARÍA LUISA PIÑEIRO, REALIZOU UNHA VISITA INSTITUCIONAL A OIA
A nova representante territorial recolleu as demandas da alcaldesa da localidade, Cristina Correa, centradas en temas de saneamento, infraestruturas e cultura
Infogauda / Oia
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais iniciadas a pasada semana, e hoxe mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, recollendo as demandas relativas á actividade da administración autonómica.
A rexedora oiense analizou coa nova delegada a decisión de Augas de Galicia de poñer en marcha un estudo para decidir cales son os mellores sistemas de depuración para cada parroquia do rural interior deste concello.
A futura licitación da obra de restauración da igrexa monacal de Oia tamén centrou parte deste encontro, xa que se trata dun investimento de máis de 770.000 euros que permitirá actuar sobre as humidades que deterioran o interior deste templo.
En relación ao Camiño de Santiago, a alcaldesa mostrou a súa satisfacción porque, a pesar da situación sanitaria que estamos a padecer, o concello contou con máis de 900 peregrinos ao longo deste verán, e con máis de 3.000 visitantes que se achegaron ata as oficinas de turismo da localidade.
A mellora de infraestruturas, así como o proxecto de rehabilitación e adecuación das instalacións do camping de Mougás, tamén foron obxecto deste encontro.
Cristina Correa agradeceu a María Luisa Piñeiro a súa visita ao concello e trasladoulle a súas felicitacións polo novo nomeamento.
A delegada territorial engadiu que nos próximos días estará a visitar os diferentes concellos das comarcas do Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Pontevedra, Salnés, Caldas de Reis, Morrazo, Baixo Miño e Condado-Paradanta, de cara a recoller as necesidades e demandas dos mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario