PIRAGÜISMO
CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS, NO CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Informa (fotografía e redacción): Rosa Carrera Fernández
A praia do Val, no concello de Mondariz, foi o escenario escollido para celebrar este domingo día 27 de setembro, a última e máis importante das probas da Liga Galega de Promoción de Slálom, o Campionato Galego.
Nas augas do río Tea déronse cita os máis pequenos do slálom galego, concretamente nenas e nenos das categorías benxamín, alevín e infantil.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con nove deportistas que competiron e gozaron das augas e a marabillosa paisaxe da praia do Val.
En K1 Muller Benxamín, Leila Álvarez foi a gañadora da proba, acadando por tanto a medalla de ouro. Na mesma categoría, a súa irmá Nerea fíxose coa prata ao rematar segunda.
En K1 Home Benxamín, Alejandro Barreiro conseguiu a medalla de bronce co seu terceiro posto.
En K1 Home Alevín, Javier Lluch, cunha baixada impecable e sen penalizacións, foi terceiro, acadando, por tanto, o bronce. Na mesma categoría, Pedro Lomba rematou octavo.
En K1 Home Infantil, a categoría máis numerosa, Adrián Lluch, rozou o podio coa súa cuarta posición, o seu compañeiro Rui Magalhaes foi quinto, Antón Fernández sétimo e Alexandre González duodécimo.
En C1 Home Infantil, Adrián Lluch, rematou quinto.
Catro medallas individuais e o quinto posto na clasificación por equipos, foi o balance final no Campionato Galego de Slálom para os Teixugos. Pero moito máis importante cós resultados, foi que nenos e nenas practicaron deporte con seguridade e ao aire libre e desfrutaron dunha xornada de convivencia e amizade con nenas e nenos de toda Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario